

O calendario que hoxe está en uso é o que estableceu Julio Cesar no ano 46 a. c.. Entón había distintos calendarios en función das diversas necesidades, administrativas, económicas, relixiosas. Entre estes, o menoloxio rústico ou calendario agrícola, no que se indicaba a faena agrícola correspondente a cada mes, será o máis popular durante a Idade Media. Pero a diferenza do romano, que tiña un carácter eminentemente práctico, o medieval asume unha función simbólica dentro dun contexto cristián e introduce algunhas variantes ao adaptalo a un novo tipo de sociedade cristiá e máis ruralizada, con achegas dos pobos xermanos, como pode ser a importancia que adquire a matanza.
Ademais, co paso do tempo irá reflectindo os cambios sociais e asumindo novos contidos simbólicos, ata que no século XVI se desliga definitivamente do ámbito relixioso para converterse nunha escusa para a representación de escenas da vida cotiá no campo.
Os menoloxios rústicos medievais estaban constituídos por unha secuencia de imaxes de carácter costumista co ciclo anual agrícola. Nesta exposición reconstruímos a serie dos doce meses, seguindo o modelo da secuencia de faenas representadas no calendario pétreo da igrexa de Santa María de Azogue (Betanzos. A Coruña) a partir dunha selección de fotografías de interese etnográfico, complementadas por imaxes extraídas doutros menoloxios medievais e cos correspondentes apeiros agrícolas e utensilios máis representativos de cada unha das faenas.
Como colofón, presentamos unha pequena sección dedicada a todas aquelas faenas e cargas que completaban a xornada de traballo da muller campesiña e que se viñan a sumar ás faenas agrícolas de cada tempada. Así e todo, o seu traballo non era recoñecido como tal, e nin sequera as estatísticas oficiais deixaban constancia diso ao rexistrar unicamente como traballo produtivo a man de obra masculina.


Nos museos hai tempo que deixamos de aproximarnos aos obxectos que formas as coleccións coma se se tratase dun fetiche ou unha reliquia que hai que conservar, clasificar e exhibir, para pasar a valoralos como un documento ou testemuño dunha época, dun ámbito social dunhas condicións de vida. Desta idea parte a segunda edición do taller O Museo non cárcere que este ano, baixo a denominación de A Linguaxe secreta dous obxectos, trata de facer comprender o proceso de descodificación dos bens culturais e de facer ver que os obxectos nos falan dos aspectos humanos dá sociedade na que foron funcionais.
O taller que leva a cabo o Museo Etnolóxico dende o pasado día 3 de novembro, coa participación das persoas internas no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense) consiste en que os usuarios, orientados polo persoal técnico do Museo, desenvolvan ao longo de varias xornadas de traballo, un proxecto expositivo en todas as súas fases. En esta ocasión o tema da exposición son eles mesmos.
Cada participante deberá elixir un obxecto que forme parte dá súa vida cotiá e realizar unha lectura personalizada do mesmo. O obxecto debe converterse en testemuño dun aspecto dá súa vida non centro, do que é ou do que puido ser, dás súas ocupacións e do seu tempo de lecer, dás súas afeccións e afinidades, dos seus receos e os seus rexeitamentos, dás súas fantasías e inquietudes, etc.
Unha vez realizada a lectura do obxecto, e baseándose nesta, a fotógrafa Mar Caldas realizará unha interpretación creativa trasladando ese obxecto e a súa mensaxe a unha obra de arte, para finalmente, expolos conxuntamente baixo un mesmo discurso expositivo. A exposición inaugurarase o próximo día 4 de marzo no Centro Penitenciario, e posteriormente na sede do Museo Etnolóxico en Ribadavia.


Na exposición Unha peza singular. A roca de Onfalia preséntase unha lectura da roca como símbolo da condición feminina e da esposa virtuosa, e como imaxe mais representativa do traballo invisible da muller ao longo da historia. A mitoloxía, a literatura, a pintura e o gravado ofrécennos testemuños evidentes que veñen a confirmar o papel que o fiado ocupou no proceso de domesticación da muller.

A exposición supón un percorrido histórico (partindo do século XVIII) a través da tradición téxtil en Galicia, destacando a importancia tida no pasado polo cultivo do liño e a incidencia de tecidos e lenzos na vida dos grupos domésticos campesiños.
Articúlase en dous rexistros, un (superior) histórico, que discorre en paralelo ás pezas (na parte inferior), as cales constitúen o soporte museográfico do traballo téxtil.
A súa vez pódense diferenciar 4 ámbitos dentro do propio discurso:
A conservación e difusión do patrimonio bibliográfico é un tema que preocupa a moitas institucións, actualmente a través da internet podemos consultar a texto completo moitas publicacións periódicas antiguas sen necesidade de ir fisicamente á biblioteca ou centro de documentación. Presentamos algunhas páxinas en internet que nos permiten facer estas consultas:
Publicacións periódicas publicadas en Galiza e fóra de Galiza, sobre temas galegos, no século XIX e XX.
Publicacións Centro Ramón Piñeiro:
Destacan publicacións periódicas pertencentes á prensa galega emigrante.
Hemeroteca Virtual Real Academia Galega:
Xornais e revistas culturais publicadas en Galiza fundamentalmente no século XIX e principios do XX.
Prensa política, humorística, científica, deportiva, literaria… representativa da produción hemerográfica hispana conservada na Biblioteca Nacional, desde os seus inicios até o século XX, respetando os límites da lexislación.
Biblioteca Virtual de Prensa Histórica:
Dentro do proxecto de colaboración do Ministerio de Cultura e as Comunidades Autónomas, fundacións, universidades para a dixitalización do Patrimonio Histórico Español. Son revistas de temática variada, que abrangue un amplo período histórico que chega até o século XVIII.
Hemeroteca Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes:
Edicións dixitais de prestixiosas revistas científicas e culturais de diferentes áreas temáticas.
Dentro das adquisicións de restauración e conservación destacamos as seguintes monografías: Aportaciones teóricas y experimentales en problemas de conservación. Actas del II seminario sobre restauración de bienes culturales. Aguilar de Campoo. 19-21 julio 2006, Innovación tecnológica en conservación y restauración del patrimonio, Analytical techniques in materials conservation, Guide de manipulation des collections, Conservation and care of glass objects, X-Radiography of textiles, dress and related objects, Indicadores para la gestión de conservación en museos, archivos y bibliotecas.
Na temática de museoloxía e museografía: Museums and difference, Musealizar la vida cotidiana: los museos etnológicos del Alto Aragón, El turismo cultural, los museos y su planificación, La caja de cristal: un nuevo modelo de museo.
Todas as obras pódense consulta no catálogo en liña da biblioteca
Este ano destacamos entre as adquisicións que se fixeron na Biblioteca do Museo Etnolóxico as referentes a temas de deporte, como apoio bibliográfico á exposición de Álbums para o reencontro. Ribadavia e o ribadavienses VI. O deporte, e bibliografía sobre deseño de exposicións:
Culturas en juego : ensayos de antropología del deporte en España, El Fenómeno deportivo : estudios sociológicos en torno al deporte, la violencia y la civilización, Deporte y modernización : la actividad física como elemento de transformación social y cultural en España, 1910-1936 , Sociología del deporte, Exhibition design, Exhibit design : high impact solution, La insurrección expositiva : cuando el montaje de exposiciones es creativo y divertido, cuando la exposición se convierte en una herramienta subversiva, La exposición comercial : tiendas y escaparatismo, stands y ferias, grandes almacenes y superficies.
Todas as obras pódense consulta no catálógo en liña da biblioteca
Actualmente exiten moitas revistas científicas que publican os seus artigos a texto completo na rede. Fixemos unha selección de revistas electrónicas sobre antropoloxía cultural e social, antropoloxía visual, etnografía, etnoloxía:
Se queredes consultar mais revistas electrónicas a Asociación de Antropólogos Iberoamericanos en Red AIBR ten na súa páxina web unha relación de revistas e guías de antropoloxía disponébeis na Internet en español
Con motivo da celebración no Museo Etnolóxico de Ribadavia do X Coloquio Galego de Museos este ano 2008 co título Museos e comunicación, fixemos unha selección de bibliografía comentada sobre este tema, por unha banda monografías e artigos de revistas que se poden encontrar na Biblioteca do Museo e por outra artigos a texto completo consultables na rede.