Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses VI. O deporte

p7220223.jpgA mostra presenta este ano un tema no que todos somos ou fomos partícipes dalgún xeito. Estamos a referirnos ao que coñecemos co nome xenérico de Deporte, posto que impregnou e segue a facelo, as nosas vidas, ben participando activamente ou como espectadores.

Ser, estar, producir. Oficios e visibilidade

24-blog.jpgA exposición desenvólvese en tres ámbitos: "O museo no cárcere", "Que pensamos que fai cadaquén" e "A reconversión do oficio". Os tres ámbitos ten en común as fotografías -feitas pola fotógrafa MILA RODERO- de xentes de oficio da provincia de Ourense, Lugo e A Coruña, así como obxectos dos fondos do Museo e deixados en préstamo polas propias xentes de oficio.

1.- "O museo no cárcere" recolle unha mostra a modo de fotograma do obradoiro desenvolvido no Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar polo Museo Etnolóxico.

2. " Que pensamos que fai cadaquén" Pretende dar pé a unha reflexión sobre o papel da muller nos oficios. "Eu si fora home sería ferreiro" (Justa Señor, A Fonsagrada)

3.- "A reconversión do oficio": Amósanos como a maioría dos oficios se foron adaptando para converterse en plenamente competitivos no mercado actual. "..entón emprezamos a trampear os zocos con outras cousas, puseiras, carteiras, (...) uns cintos que xa facía meu pai (...) pois ao mellor ibas vendendo algo deso e seguías traballando no mismo" (Elena Ferro, A Merza) ver galería de fotos ver galería

Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume

terra.jpg

A exposición Os catro elementos e un proxecto interdisciplinar no que o patrimonio etnográfico material, o patrimonio histórico, a fotografía, a tradición oral e a literatura se xuntan para facer evidente o papel esencial que tivo cada un dos catro elementos no desenvolvemento da civilización ao longo da historia así como a súa presenza e a súa valoración na cultura occidental.

Durante milenios os catro elementos foron protagonistas de ritos, mitos e realidades. Dende a antiga Grecia ata finais do século XVII, cando nacen as ciencias experimentais e o pensamento racionalista, o aire, a auga, a terra e o lume foron o fundamento da visión do mundo, do microcosmos humano e do macrocosmos do universo, da súa creación e as súas mutacións. Ata entón, humanistas, teólogos, científicos, literatos e artistas sentíronse fascinados polo edificio doutrinal organizado entorno aos catro elementos.

Seguindo o fío. A tradición textil en Galicia

exposicion_textil.jpgA exposición supón un percorrido histórico (partindo do século XVIII) a través da tradición téxtil en Galicia, destacando a importancia tida no pasado polo cultivo do liño e a incidencia de tecidos e lenzos na vida dos grupos domésticos campesiños.

Articúlase en dous rexistros, un (superior) histórico, que discorre en paralelo ás pezas (na parte inferior), as cales constitúen o soporte museográfico do traballo téxtil.

X coloquio galego de museos. Museos e comunicación

xcoloquio2.gif

2 Outubro 2008    a    4 Outubro 2008

Xa podemos consultar o programa definitivo do “X Coloquio Galego de Museos”.

Do día 2 ao 4 de outubro do presente ano terá lugar no Museo Etnolóxico o “X Coloquio Galego de Museos” baixo o tema de “Museos e Comunicación”.

O coloquio dividido en catro bloques temáticos, estructúrase en torno a seis relatorios que servirán de marco para a presentación das comunicacións.

A data límite de presentación de comunicacións é o 14 de xullo de 2008. Na segunda quincena do mesmo mes se lles comunicará aos remitentes a resolución da Comisión.

Os textos íntegros dos relatorios e comunicacións deberanse entregar no momento da súa presentación definitiva para poder proceder á edición das actas.

 

programa definitivo.pdf

unha peza singular. A chocolateira

foto_chocolatera_blog1.JPGUnha peza singular é o título dunha serie de exposicións temporais concibidas para ofrecer unha lectura individualizada e multidisciplinar dos obxectos e documentos que forman parte da colección do Museo.

Nesta ocasión a peza singular elixida é unha sinxela chocolateira, que nos fala dun alimento que durante moitos séculos foi un produto exótico e de luxo, só ao alcance das clases máis acomodadas, e cuxo proceso de elaboración, de carácter artesanal, permaneceu invariable ata datas moi recentes.

día internacional dos museos: Obradoiro musical “cuarteto caramuxo”

O taller consiste nun concerto con instrumentos de vento que concíbese como unha actividade complementario da exposición Os Catro Elementos. Aire, auga, terra e lume, e vai dirixida aos nenos das escolas rurais da contorna, de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos .

Logo da sesión musical e didáctica que terá lugar no patio do Museo, realizarase unha visita a exposición cunha especial dedicación o elemento Aire.

Participan os centros rurais asociados de Ribadavia

o museo no cárcere

cartaz-cacere.jpgConsiderando que a labor educativa dos centros museísticos pode, e debe, traspasar os muros do propio edificio para achegarse emocional e físicamente a ese público potencial que por unha ou outra razón non atravesa a nosa porta, comenzamos un obradoiro no Cárcere de Pereiro de Aguiar.

Durante tres meses todos os martes de 17 a 19 h, o museo se despraza ao Centro penitenciario onde se realizan diversos obradoiros encamiñados á montaxe dunha exposición, con todo o que iso supón de documentación, elaboración dun discurso, deseño e montaxe. ver galería de fotos

Taller didáctico: Exposición Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume

Días 2 e 3 de xaneiro de 2008 as 12.00 h.
O Museo Etnolóxico ten programado un taller didáctico dirixido os nenos da Ludoteca do Concello. A actividade enmárcase dentro do programa de actividades de dinamización cultural da exposición temporal Os Catro Elementos. Aire, auga, terra e lume, inaugurada o pasado mes de novembro, e realízase en colaboración coa Casa da Cultura do Concello de Ribadavia.

Día 2 de xaneiro as 12.00 h. Para os nen@s de idades comprendidas entre os 3 a 5 anos
Día 3 de xaneiro as 12.00 h. Para nen@s a partir dos 6 anos

procedementos de fotografía en cor, pautas de deterioración e sistemas de permanencia

O curso, impartido polo profesor Ángel Fuentes, desenvolverase desde o día 26 ao 28 de maio nas dependencias do Museo Etnolóxico.

Está aberto o prazo de inscripción. As persoas interesadas póden poñerse en contacto coa coordinadora Mª José Ruíz Vázquez.

abrir tríptico pdf

Distribuir contido