procedementos de fotografía en cor, pautas de deterioración e sistemas de permanencia

O curso, impartido polo profesor Ángel Fuentes, desenvolverase desde o día 26 ao 28 de maio nas dependencias do Museo Etnolóxico.

Está aberto o prazo de inscripción. As persoas interesadas póden poñerse en contacto coa coordinadora Mª José Ruíz Vázquez.

abrir tríptico pdf

museos e saúde

cv13.jpgDentro do programa "Museos e Saúde", usuarios da Cruz Vermella de Ribadavia visitaron a exposición Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses V. Imaxes da Infancia. A actividade comezou cun encontro na área de acollida onde despois dunha presentación por parte do personal do museo se procedeu a un traballo previo, mediante técnicas de observación participante, sobre reproducións do material que se vería na exposición,

Álbums para o reencontro. Ribadavia e os Ribadavienses V. Imaxes da Infancia.

portada-2.jpg Álbums para o reencontro acada este ano a súa quinta edición grazas á xenerosa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia e mais daqueles cidadáns de Ribadavia e do Ribeiro que doaron as súas fotografías e obxectos persoais, ao Museo.

Nesta ocasión invítase ao público a reflexionar sobre a infancia e chámase a súa atención sobre o feito de que o concepto de infancia, tal e como hoxe o concibimos, é unha construción cultural recente, resultado dun proceso que se iniciou no século XIX e que se foi definindo ao longo do XX en consonancia cos cambios producidos na familia -o paso do modelo troncal ao nuclear-, isto é, coa consolidación do modelo burgués e coa institucionalización da educación

adquisicións 2007 (II)

A importancia do viño nesta zona do Ribeiro, onde se encontra o museo, fai que o fondo de vinicultura e viticultura se actualice continuamente, así como os temas de museoloxía e museografía, patrimonio e restauración polo interese da temática para os fondos do museo e as súas liñas de investigación:
A vinha e o vinho no Algarve. O renascer de uma velha tradição, A vinha e o vinho no século XX : crises e regulação, O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular, Los museos para el público, un público para los museos, Miradas al patrimonio, Arte para todos: miradas para enseñar y aprender el patrimonio, La Muséologie : histoire, développements, enjeux actuels.

adquisicións 2007

Entre as últimas adquisicións que ingresaron na Biblioteca do Museo destacamos as relativas a antropoloxía visual e fotografía etnográfica, indumentaria e industria téxtil, muller e cuestións de xénero:
Visual Anthropology. Essential method and theory, Maneras de mirar: lecturas antropológicas de la fotografía, La revolución de las mujeres. Crónica fotográfica de una evolución silenciosa, Historia da indústria das sedas em Trás-os-Montes,
La Edad de seda: representaciones de la moda en la literatura española (1728-1926), Mujer, trabajo y sociedad (1839-1983), O traballo das mestras en Galicia: entre a produción e a reprodución...

Obradoiros con xentes de oficio

pedrblog2.jpgA industrialización supuxo un parón importante na actividade económica de moitas xentes de oficio. A perdida das funcións tradicionais deses produtos provocou o nacemento dun novo tipo de practicantes.
Moitos oficios perviven adaptándose ao novo mercado e conferíndolle aos seus produtos un novo significado e valor.Nestes obradoiros pretendemos dar a coñecer eses cambios confrontando a artesáns que desenvolveron o seu oficio cando os obxectos que saían das súas mans aínda tiñan un valor de uso (cestos, zocos, olas...)., e novos artesáns, con pequenas empresas familiares ou autónomos nos que a imaxinación e a creatividade lle confiren un novo significado e valor aos seus produtos.

Foto Chao. Do establecemento fotográfico ao museo.

p5310002-copia.jpgA adquisición do arquivo fotográfico Chao supuxo un salto cualitativo e cuantitativo importante para o Arquivo Fotográfico do Museo Etnolóxico. A presente exposición é unha primeira toma de contacto co arquivo dun fotógrafo local, expoñendo só unha mínima parte da súa produción máis antiga, do seu material fotográfico, e amosando algúns dos problemas de conservación máis habituais neste tipo de material.

A aula no Museo

p5180002.jpg A exposición amosa distintos debuxos e bocetos que o alumnado de 4º curso de ESO e 1º de Bacharelato - baixo a dirección de Mª Jesús Labarta e Xosé Manuel Rodríguez Alonso- do IES "O Ribeiro" elaborou despois dun estudo teórico e práctico sobre aspectos narrativos constantes ao longo da historia da ilustración. Aproveitando os fondos do museo, logo dunha reflexión na aula sobre tanllas e elementos da vaixela comùn no seu aspecto intemporal, esbózáronse as pezas "in situ", e desde esa toma de contacto cun material tanxible, plantexouse a súa inclusión nunha escena, onde as olas debuxadas complementarían o aspecto trascendente da historia elixida.

Con esta mostra inaugurada o dia 18 de maio, Día Internacional dos Museos, o museo quixo sumarse ao lema elexido este ano polo ICOM "Museos e patrimonio universal" co fin de centrar a atención sobre as coleccións, soporte incuestionable do funcionamento dos centros museísticos. O IES o Ribeiro ven participando nestes dous últimos anos nas distintas actividades diseñadas no Museo, actividades nas que os alumnos fixeron un estudio pormenorizado dos fondos de olaría desde a Educación Plástica e Visual. Observáronse fríamente desde a xeometría, reflexionouse sobre a súa natureza, e unha vez comprendidos esbozáronse, para finalmente cada alumno deseñas as súas propias pezas.

p5180002.jpg pict0003-copia.jpg pict0004-copia.jpg p5180039.jpg pict0001.jpg

Curso Materiais fotográficos de copia. Morfoloxía, identificación e diagnóstico

Baixo o epígrafe de fotografía atópanse numerosos procedementos cunha identidade propia que require ser coñecida para poder ser preservada. Aprender a identificar as estruturas morfolóxicas das copias fotográficas é a clave en que reside a permanencia dun patrimonio plural e insubstituíble; e, é tamén o obxecto deste curso.

Sesión literario-musical

cartazdoclube3.jpgAs 20 h. nas salas de exposicións temporais terá lugar unha sesión literario-musical coa participación de:

  • O Club dos Poetas Vivos: Artur Alonso, Belem de Andrade, Concha Rousia e José Manuel Barbosa
  • Contacontos: Anxo Moure "o carballo con botas"
  • Música: Servando Barreiro (viola e concertina)

A actividade está encadrada dentro dos diferentes actos organizados en colaboración co Concello de Ribadavia, con motivo da celebración da proclamación da II República en España, e completando a exposición actual "Fantasías Republicanas".

Distribuir contido