A vaixela

poldras1.jpgO I.E.S O Ribeiro, leva a cabo este curso un proxecto de traballo de deseño, tomando como base de estudo unha selección de elementos da vaixela de uso común.

O proxecto está dirixido polo profesor José Manuel Rodríguez Alonso "Poldras" para alumnos de Educación Plástica de 4º curso de E.S.O. e na mesma participan 15 alumnos.

A vaixela

poldras1.jpgO I.E.S O Ribeiro, leva a cabo este curso un proxecto de traballo de deseño, tomando como base de estudo unha selección de elementos da vaixela de uso común.

O proxecto está dirixido polo profesor José Manuel Rodríguez Alonso "Poldras" para alumnos de Educación Plástica de 4º curso de E.S.O. e na mesma participan 15 alumnos.

Obradoiro de Olaría

traballo-dos-alumnos-ies-o.jpgActividade orientada a alumnos/as de 3º e 4º de secundaria na que tomando como eixe director a cerámica, abórdanse diferentes áreas de coñecemento. A actividade implica a observación secuenciada dos obxectos elixidos e a posterior dirección polos profesores das distintas áreas. O profesorado conta en todo momento con soporte bibliográfico e técnico aportado pola Institución.

Obxectivos

  • O estudio da cerámica como forma técnica
  • O seu uso e función

Áreas de coñecemento

1.- Ciencias Sociais

  • Economía: O viño, economía de autoconsumo. A matanza
  • Sociedade: A produción cerámica dentro dunha sociedade agraria. Desenvolvemento dos distintos obradoiros alfares. Valoración das diversidades culturais.
  • Xeografía: Áreas xeográficas socioeconómicas e culturais. Aproveitamento dos recursos naturais.
  • Valoración do patrimonio cultural e artístico cara unha conservación

2.- Educación Plástica e Visual

  • Estudio dos diferentes elementos estéticos das formas cerámicas
  • As diferentes formas alfares para interpreta-las imaxes e as formas do contorno natural e cultural.
  • A consideración do feito artístico como parte integrante do patrimonio cultural
  • Desenvolvemento de hábitos de observación, atención, precisión e pulcritude.

3.- Lingua Galega

  • Coñecemento de linguaxes específicas. Estudio dun vocabulario específico e cambiante segundo as distintas rexións xeográficas.
  • Valoración das variedades xeográficas do galego

4.- Matemáticas

  • Estudio das diferentes medidas de capacidade
  • Estudio de formas xeométricas (tanto na estrutura como na decoración)

Cos traballos dos alumnos abórdase (cando é posible) unha exposición final en cuxo deseño son partícipes.

Primeiros encontros coa cultura do viño. A creación dun museo galego do viño. Estudios, programa e proxectos

presentacion.jpgOs dias 26 e 27 de xaneiro tivo lugar no Centro Comarcal de Ribadavia, e organizado polo museo Etnolóxico os Primeiros encontros coa cultura do viño.Estas xornadas teñen como obxecto a presentación e debate dos traballos de documentación realizados por un equipo técnico interdisciplinar, para a elaboración do proxecto museolóxico do Museo Galego do Viño. Diversos autores fixeron un traballo de campo de orde etno-histórica: xeografía, arte, agronomía, historia, filoloxía e economía, aplicados tanto a comarca do Ribeiro como a outras comarcas vitivinícolas galegas; os resultados dos mesmos documentan aspectos clave para desenvolver os proxecto do futuro MUSEO GALEGO DO VIÑO e son expostos nestas xornadas para abrir un foro de debate.

As xornadas complétanse cunha visita a sede deste futuro museo, Rectoral de Santo André de Camporredondo, magnífica construcción do s. XVIII cunha arquitectura xa concebida para actividade vitivinícola

alumnos.jpg sbrado-1.jpg

Relatores

  • Manuel Vilar Álvarez. Viño e identidades locais
  • Santiago Prado Conde. Museo Galego do Viño. Equipo documental Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras
  • Xose Luis Sobrado Perez. O viño no medievo. Unha achega ó mundo do viñedo na Galicia medieval
  • César Fernandez Portal. A viticultura do norte peninsular
  • Felipe Castro Pérez. Aproximación á historia da vitivinicultura galega no século XIX e na primeira metade do século XX
  • Anxo Collarte Pérez. A vitivinicultura galega no século XX
  • Francisco Javier Pérez Martínez. O produto turístico rutas do viño
  • Francisco Fumega Piñeiro. Consideracións bioxeográficas para a implantación do viñed
  • Emilio Cuiñas Otero. Funcións turísticas dos territorios vit
  • Fátima Braña Rey. Museo do Viño. Metodoloxía
  • Juan Manuel Rodríguez Rodríguez. A cultura do viño na Galicia do Antigo Réxime
  • María Jesús Blanco Piñeiro, Sonia López Calvo, Manuel Seoane Feijoo Proxecto Arquitectónico. Visita Santo André de Campo Redondo
  • Luis Domínguez Castro. Historia da viticultura galega no marco dun proxecto de Museo do Viño de Galiza
  • Equipo técnico Museo Etnolóxico Apuntamentos para un proxectos museolóxico do Museo Galego do Viño

Presentación arquivo fotográfico Chao

inaugfat4.gif O mércores día 22 a Conselleira de Cultura e Deporte, Dna. Ánxela Bugallo acudiu ao Museo para facer a presentación da compra do Arquivo Fotográfico Chao, 365.579 imaxes -negativos en branco e negro e cor, soporte plástico ou vidro e reproducións en papel- que recollen a produción fotográfica dunha saga de fotógrafos que traballan en Ribadavia ininterrompidamente ao longo do século XX. No acto salientouse a importancia destas adquisicións que contribúen a engrosar o noso patrimonio cultural, e fíxose tamén unha especial referencia á doazón desinteresada dun importante fondo feita polo fotógrafo D. Ricardo Sotelo Sancho "Foto Sancho" que cedeu ao Museo 2.770 imaxes que enchen baleiros pendentes no arquivo do centro e amplía o ámbito xeográfico do mesmo. Fíxose referencia así mesmo a tramitación para a adquisición dunha parte do Arquivo Pacheco "Fondo Augusto Pacheco".

Inauguración da exposición Fantasías Republicanas

O día 22 de dececembro tivo lugar o acto de inauguración da exposición Fantasías Republicanas,
estiveron presentes a Conselleira de Cultura e Deporte Dna. Ánxela Bugallo, o Delegado de Cultura e Deporte D. Xosé Carlos Sierra, o Comisario da Exposición: D. Xosé Manuel Buxán , a Directora do Museo Dna. Covadonga López de Prado, o Alcalde de Ourense D. Marcos Blanco, o Presidente da Asociación de Amigos do Museo, D. Juan A. Bande, así como outras autoridades da comarca. No acto Dna. Ánxela Bugallo completou a obra de Angelo Ferreira de Sousa completando cun "non" a cruel frase de Millán-Astray.

Galería: 

Exposición: Fantasías Republicanas

fant-1.jpgDo 8 de Decembro de 2006 ao 8 de Abril de 2007

Exposición enmarcada dentro da programación do Outono Fotográfico que promove cada ano a Casa da Xuventude de Ourense.

Neste ano 2006 cúmprese o 75 aniversario da proclamación da II República española instaurada por vontade popular o 14 de abril de 1931. Con tal motivo ao longo do ano viñéronse organizando por todo o Estado Español diversos actos e actividades culturais co obxecto de difundir os logros democráticos dun período da nosa historia recente do que o actual réxime democrático é o herdeiro directo.

Con este proxecto pretendemos sumarnos a ese esforzo que se está a realizar dende a propia Consellería de Cultura e Deporte de recuperación da memoria histórica. Por iso, o obxectivo e a primeira razón de ser de Fantasías Republicanas é a de ir mais alá da proposta puramente artística e de provocar unha reflexión en torno á II República, de maneira que cada artista realiza unha achegada moi persoal con obras, la maioría delas realizadas ex-profeso, nas que aluden a algún dos aspectos ou valores asociados con ese período histórico.

Artistas que participan no proxecto

  • ANGELO FERREIRA SOUSA (Porto, 1964)
  • ACISCLO NOVO (Ourense, 1970)
  • CARLOS RODRIGUEZ-MENDEZ (As Neves, 1968)
  • DAVID TRULLO (Madrid, 1969)
  • DIEGO DEL POZO BARRIUSO (Valladolid, 1974)
  • ENRIQUE LISTA (A Coruña, 1977)
  • FRAN HERBELLO (Meenziken, Suíza, 1997)
  • IGNACIO GARCÍA GÓMEZ DEL VALLE (Tenerife, 1978)
  • IZASKUN ÁLVAREZ GAINZA (Donostia, 1982)
  • JOSÉ PAZ (Eibar, Guipúzcoa, 1964)
  • MOSISES MAHIQUES (Quentretonda, Valencia, 1976)
  • MÓNICA CABO (Oviedo, 1978)
  • O.RG.I.A. (Valencia)
  • ROSENDO CID (Ourense, 1970)
  • VALLE GALERA DE URIARTE (Jaen, 1980)

Lembrar nos museos. Programa de reminiscencia

Programa de acción cultural integradora dirixido a enfermos de Alzheimer no que participa a Asociación AFAOR de Ourense.

Curso: Preservación de fondos fotográficos patrimoniais. Técnicas de ingreso

curso_fotografia.jpgDo 3 ao 6 de Setembro de 2006

Obxecto do curso

A conservación dos bens culturais é unha estratexia complexa que require dunha coidada planificación. O ingreso de novos fondos precisa de coñecementos específicos que garantan a adecuada planificación. A apertura apresurada de caixas e embalaxes pode carrexar a perda de aspectos primordiais para establecer o perfil dos fondos e interpretar as posibles lecturas. Moitos artefactos poden manter unha actividade química e biolóxica que pode comprometer as nosas coleccións. Un ingreso seguro debe prever os riscos, avaliar os materiais, confirmar criterios e tomar decisións. Un mal ingreso é un cabalo de Troia que pode comprometer, de maneira dramática, os recursos económicos e humanos dunha institución.

A miúdo só unha parte dos fondos cumpren os criterios que marca a política de colección dunha institución e teremos que tomar decisións que afectan o conxunto. Establecer que parte se ingresa e que parte non, como pode facerse de forma segura e que cousas requirirán algún tipo de tratamento, sen que ningún destes pasos supoña borrar algunha das pegadas que o fondo ofrece como tal, é esencial. Non podemos comprometer orzamentos en materiais que non competen á institución nin desmembrar un fondo. Chegar a unha solución que sexa á vez satisfactoria para a política da colección, o fondo que se ingresa e o resto de materiais custodiados, precisa da análise, a documentación e o método.

Profesor

Angel Fuentes de Cía. Conservador-restaurador de material fotográfico. Formado na Univesidade de Zaragoza e na Escola de Belas Artes de Zaragoza especializouse no Image Permanence Institute, Rochester Institute of Technology de Rochester, Nueva York. Impartiu máis de 100 cursos e realizou máis de 60 diagnósticos e traballos de restauración de coleccións fotográficas en diversas institucións e Universidades de España, Alemania, Estados Unidos, Portugal, México, Argentina e Chile.

Exposición: Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses IV

ribadavienses_IV.jpgDo 4 de Agosto ao 24 de Setembro de 2006

Nesta cuarta edición de Álbums para o Reencontro, Ribadavia e os Ribadavienses as imaxes donadas serven para facer unha lectura, necesariamente parcial, a través dunha mirada antropolóxica da/s identidade/s ribadaviense/s. De feito, o subtítulo e, polo tanto, o tema a desenvolver este ano é Ribadavienses vistos por si mesmos.

Ribadavia, como todas as vilas galegas, xoga por unha banda un papel de nexo nunha realidade máis ampla, como é a bisbarra do Ribeiro, o que lle permite proxectarse cara a fóra e mostrarse como abandeirada mesmo dun territorio máis amplo a través da festa da Virxe do Portal, do viño, do teatro... e que aquí encadramos baixo o epígrafe de Ribadavia é o Ribeiro. Simultaneamente, aparece outra Ribadavia que se replega sobre si mesma, concebíndose coma un espazo urbano que se exclúe do resto do territorio, e que podemos atopalo no entroido e en determinadas festas e á que nos referimos como Ribadavia é a Vila. A máis, existe outra Ribadavia que promulga unha identidade que, en determinados contextos, trata de erixirse como a única identidade ribadaviense restrinxida a un ámbito social caracterizado pola súa visibilidade social, e que aquí presentamos como de "Ribadavia de toda a vida".

Polo tanto, a través dos distintos niveis suxeridos na análise proposta debúxanse uns grupos sociais que realizan ritos de afirmación identitaria, uns con maior lexitimidade ca outros. En efecto, atopámonos con aqueles que definen a realidade precisamente pola súa visibilización en tódolos ámbitos sociais, que elaboran, ademais, os seus propios espazos e tempos nos que se tornan actores activos que lles permiten afirmar a súa posición social. Estamos a refirirnos concretamente ás sociedades e clubs, como centros que se representan e definen socialmente a través dun proceso de distinción, que lles vai permitir xerar pautas particulares en canto ás celebracións e tempos de lecer, á par que negocian capital social e cultural.

Un discurso sostido nun fondo visual que, se ben cada vez máis rico e diverso, grazas á xenerosidade da sociedade ribadaviense, adoece de carencias respecto aos "outros" ribadavienses, aos que facemos presentes aquí na medida que o fondo o permite e reivindicando o seu recoñecemento.

Curso: As fronteiras e as identidades raianas entre Portugal e España

Curso_Veran_06.jpgDo 12 ao 15 de Xullo de 2006

O curso plantexa entre os seus obxectivos, a creación de espazos de pensamento e de encontro transfronteirizo entre Portugal e España, propuganando a creación dun campus transnacional, internacional e transfonteirizo. A máis, convida á reflexión sobre as relacións ibéricas, para superar definitivamente o vivir de costas.

Establecidos os obxectivos e delimitado o campo de estudo, reúnense un conxunto de especilistas en Ciencias Sociais e Humanidades coa finalidade de axudarnos na recuperación e o análisis das memorias da «raia».

Distribuir contido