A biblioteca

A Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia é unha biblioteca especializada polo tipo de fondos relacionados directamente coa temática do propio Museo. Segundo a ALA (Asociación Americana de Bibliotecarios) a Biblioteca do Museo é unha "Biblioteca mantida por un museo que inclúe material bibliotecario relacionado coas súas exposicións e áreas de especializació"

É unha Biblioteca de acceso libre a todas as persoas interesadas directa ou indirectamente nas materias ou nos fondos da mesma. Non é preciso carné de investigador/a.

A Historia da Biblioteca vai unida á das coleccións do propio Museo Etnolóxico.

Fondos

A Biblioteca está especializada en etnoloxía, etnografía, antropoloxía económica, antropoloxía social e cultural, fotografía, museoloxía e museografía, historia de Galicia.

Os fondos ingresan sobre todo por compra, intercambio con outros museos e bibliotecas e doazón de institucións e particulares.

Entre os doantes máis importantes están:

- Jesús Sánchez Orriols con un legado pechado de 8800 volumes, destacando diversos temas de ciencias sociais e humanas (filosofía, historia e política marxista, antropoloxía, historia de Galiza) e unha importante fonoteca de máis de 1600 discos de vinilo de música clásica, jazz, pop e folk

- Rubén García Álvarez que a mais da documentación da súa actividade intelectual como medievalista, fixo un depósito de 1427 volumes especializados en historia medieval de Galiza, España e Portugal, destacando as publicacións periódicas de hisoria como Compostellanum, Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista de Guimaraes. Bracara Augusta, etc.

Familia Meruéndano con documentos para o estudo da historia e antropoloxía do Ribeiro.

Fondo da Asociación Cultural Abrente impulsora e organizadora dos concursos de teatro en galego e das mostras de teatro entre os anos 1973-1980

José Puga cronista oficial do Ribeiro documentos manuscritos e publicados fundamentais para o estudo da historia do Ribeiro.

Emilio C. García temática de cinema e ciencias da información.

Os fondos bibliográficos dos doantes están en bases de datos en soporte informático , destacando o de Jesús Sánchez Orriols e Rubén García Álvarez que están publicados, próximamente contaremos tamén coa publicación do fondo Meruéndano.

Para consultar unha parte dos fondos bibliográficos do Museo pódese consultar na páxina da rede de bibliotecas de Galicia e en bibliotecas de museos o catálogo on line

Horario

De luns a venres de 9 a 15 h., os mércores tamén de 15:30 h. a 20 h, no verán ate as 21 h.

 

Contacto

Por teléfono: 988 471 843

por correo electrónico

* rosa.lamas@xunta.es

* mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

 

Galería: