Arquivo fotográfico

arqufoto1.jpgdiapos.jpgO Museo conta entre os seus fondos cunha fototeca, que supera as 350.000 fotografías e diapositivas, e un arquivo de imaxes dixitalizadas especializado no álbum familiar, que rolda as 10.000 unidades. As fotografías proceden tanto de adquisicións, depósitos e doazóns, como dunha produción propia sostida no tempo.

A temática inclúe, ademais do retrato de xentes de Ribadavia e O Ribeiro, imaxes de diversa cronoloxía da vila de Ribadavia e doutras poboacións, vida cotiá, oficios relacionados coa viña e o viño, traballos do viñedo, os seus castes e patoloxías, traballos e actividades doutros artesáns da comarca, imaxes de romarías, festas gastronómicas, procesións e actos relixiosos, carnaval e outras festas do ciclo anual, eventos, infraestruturas e obras públicas, patrimonio construído, museos musealización e patrimonialización de bens culturais