Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume

terra.jpg

A exposición Os catro elementos e un proxecto interdisciplinar no que o patrimonio etnográfico material, o patrimonio histórico, a fotografía, a tradición oral e a literatura se xuntan para facer evidente o papel esencial que tivo cada un dos catro elementos no desenvolvemento da civilización ao longo da historia así como a súa presenza e a súa valoración na cultura occidental.

Durante milenios os catro elementos foron protagonistas de ritos, mitos e realidades. Dende a antiga Grecia ata finais do século XVII, cando nacen as ciencias experimentais e o pensamento racionalista, o aire, a auga, a terra e o lume foron o fundamento da visión do mundo, do microcosmos humano e do macrocosmos do universo, da súa creación e as súas mutacións. Ata entón, humanistas, teólogos, científicos, literatos e artistas sentíronse fascinados polo edificio doutrinal organizado entorno aos catro elementos.

Hoxe, ante un panorama moi distinto e no terreo das ciencias e políticas medioambientais, os catro elementos volven a adquirir protagonismo ante a urxente necesidade de conseguir un desenvolvemento sostible que contribúa a frear o cambio climático e evitar desastres ecolóxicos.

A mostra, articulada entorno ás fotografías de Antón Atrio, enmárcase dentro da programación do Outono fotográfico que promove cada ano a Casa da Xuventude de Ourense.

Descargar tríptico da exposición

ver galería de fotos