Ser, estar, producir. Oficios e visibilidade

24-blog.jpgA exposición desenvólvese en tres ámbitos: "O museo no cárcere", "Que pensamos que fai cadaquén" e "A reconversión do oficio". Os tres ámbitos ten en común as fotografías -feitas pola fotógrafa MILA RODERO- de xentes de oficio da provincia de Ourense, Lugo e A Coruña, así como obxectos dos fondos do Museo e deixados en préstamo polas propias xentes de oficio.

1.- "O museo no cárcere" recolle unha mostra a modo de fotograma do obradoiro desenvolvido no Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar polo Museo Etnolóxico.

2. " Que pensamos que fai cadaquén" Pretende dar pé a unha reflexión sobre o papel da muller nos oficios. "Eu si fora home sería ferreiro" (Justa Señor, A Fonsagrada)

3.- "A reconversión do oficio": Amósanos como a maioría dos oficios se foron adaptando para converterse en plenamente competitivos no mercado actual. "..entón emprezamos a trampear os zocos con outras cousas, puseiras, carteiras, (...) uns cintos que xa facía meu pai (...) pois ao mellor ibas vendendo algo deso e seguías traballando no mismo" (Elena Ferro, A Merza) ver galería de fotos ver galería

 

O grupo doméstico era, e segue a ser na maioría dos casos, a unidade produtiva nos diversos oficios. Ao redor do cesteiro, do cordeeiro ou do ferreiro estaban as mulleres, os fillos e filla, os avós.... que contribuían a que o produto final chegase ao seu destino. A pesar da existencia dun modelo "idealmente construído" sobre traballos propios de homes e traballos propios de mulleres, sabemos que a muller participaba neses procesos produtivos aínda que esa participación non fose visible. Hoxe en día a visibilidade da muller está presente en moitos ámbitos.

Os oficios que hoxe contemplamos sufriron cambios tanto na materia prima que empregan ou no modo de produción como tamén no propio produto final. Porén os coñecementos e destrezas seguen a ser fundamentis na calidade do produto final. A habilidade para analizar o mercado e dar resposta ás súas demandas, unida á creatividade e ao "saber facer"é o que fai que este oficios sexan rendibles económicamente.