Amigos do Museo

A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO MUSEO Etnolóxico E DO CONXUNTO HISTÓRICO DE RIBADAVIA

convo-premios-inv.jpg A Asociación de Amigos do Museo comezou a súa andaina no ano 1998 como un claro expoñente de diálogo entre a nosa comunidade e o Museo Etnolóxico. Dende os seus comezos incorporouse á Federación Española de Amigos de los Museos e ó Censo de Entidades Culturais de Galicia.

Conta cun número considerable de socios e cunha actividade bastante intensa. No ano 2001 comezou a súa publicación periódica AMECHIR, cunha tirada semestral e na que se recollían actividades da asociación, do museo, cuestión relativas ao conxunto histórico de Ribadavia, como tamén diversas colaboracións de tipo histórico ou literario. A partires do ano 2004, o boletín cambia o seu nome para pasar a chamarse A FUNDACIÓN en lembranza do benfeitor da Vila, José Mª Martínez Vázquez e nome polo que era coñecido o edificios sede do museo.

Tamén con carácter semestral publícase a Ficha de divulgación PRETEXTOS E TEXTOS, O BEN CULTURAL ETNO-HISTÓRICO. Ámbalas dúas publicacións de carácter gratuíto.

Convoca anualmente os PREMIOS DE INVESTIGACIÓN ESCOLAR, que dirixidos a estudantes de segundo ciclo de ensino secundario e bacharelato, levan os nomes de Meruéndano, Rubén García, Xesús Alonso Montero e Chucho Sánchez Orriols, intelectuais ribeiráns que pola súa obra e máis o seu legado están vencellados ao noso museo. Os premios abranguen as modalidades de Ciencias Sociais.

No ano 2007 o xurado formado por:

Presidente: Juan Antonio Bande Alonso

Vocais:

Xesús Alonso Montero

Manuel Peña-Rey Bouzas

Xulio Prada Rodríguez

Raúl Soutelo Vázquez

Xosé Carlos Gómez Alfaro

Secretaria: Dolores Lira Pousa

e Covadonga López de Prado Nistal como directora do Museo Etnolóxico, decidiron premiar os seguintes traballos:

Premio "M. Rubén García Álvarez", o traballo "Espelliño, espelliño..." de: Inmaculada Rouco Ramos, Sandra Francos Parga e Diego Gentil Seijas do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (Lugo)

Premio "Xesús Sánchez Orriols": o traballos "Comunicándonos" de Julia Mosquera Ramil do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (Lugo)

Por unanimidade o xurado concede unha mención especial ao Departamento de Ética e Filosofía do Dereito do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

O sábado día 17 de novembro terá lugar a entrega de premios.

premiados.jpgprest-premios.jpg