Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses VI. O deporte

p7220223.jpgA mostra presenta este ano un tema no que todos somos ou fomos partícipes dalgún xeito. Estamos a referirnos ao que coñecemos co nome xenérico de Deporte, posto que impregnou e segue a facelo, as nosas vidas, ben participando activamente ou como espectadores.

 

Achegarnos ao fenómeno do deporte desde múltiples perspectivas permítenos establecer, e asemade entender, como nace este na sociedade industrial do s. XIX, cal foi a transformación de moitos xogos populares en deportes ao desconectar aos primeiros das súas situacións e funcións sociais, de que xeito o deporte se introduce en tódalas capas sociais, e, polo tanto, afirmar que vivimos hoxe nunha sociedade que algúns teóricos denominan "deportivizada".

abrir tríptico__

ver galería de fotos