O museo

Historia

edfcio.jpgO Museo Etnolóxico atópase situado na antiga casa-palacio do marqués de Baamonde, adquirida en 1908 por D. José Mártínez Vázquez, quen no seu testamento de 1911 deixa disposto que se destine a sede benéfico-docente co nome de Fundación Martínez Vázquez. O edificio desenvolve a súa función docente acollendo, entre outros, aos Irmáns Maristas, Colexio Akademus e Instituto Laboral.

En 1978 é cedido polo concello de Ribadavia ao Ministerio de Cultura que acorda convertilo na sede do Museo de Artes e Costumbres Popularres -creado por Deccreto en 1969 a iniciativa de Chamoso Lamas-. Posteriormente funcionaou como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. No ano 1989 é transferida a súa xestión á Xunta de Galicia, e no ano 1993, por decisión da Consellería de Cultura deixa de ser sección etnográfica do Museo Provincial ourensá, pasando á condición de museo con plena entidade coa denominación de Museo Etnolóxico.

museo-ext3.jpgmuseo-ext1.jpgedfcio4.jpgedfcio3.jpg

Coleccións

Comprenden os seus fondos obxectos cun ámbito cronolóxico que abrangue desde finais do s. XIX ate os nosos dias. Entre eles destacaremos a cerámica procedente de varios núcleos de producción autóctona, tecnoloxía e producción téxtil artesanal, aveños de labranza, mobiliario doméstico, aveños de pesca fluvial, instrumentos de medida, obxectos asociados ao coidado da vide e produción e almacenaxe do viño, obxectos representativos de oficios tradicionais, maquinaria agrícola e motores da primeria metade do s. XX, electrodomésticos, fondos de indumentaria de grupos folklóricos, e con menor representatividade xoguetes e material escolar.

Conta así mesmo cun interesante fondo fotográfico formado por aproximadamente 340.000 negativos e positivos de temáticas moi variadas, ademáis dun interesante fondo oral e documental, este último aportado por diferentes doazóns e legados: Asociación Abrente, Familia Meruéndano, Xesús Sánchez Orriols e Rubén García Álvarez, entre outros.