Servizos

Visitas guiadas

visitas-guiadas.gif

O museo conta con servizo de visitas guiadas para grupos, previa cita telefónica.Nos se admiten grupos con máis de 20 personas. Si a visita é a todas as salas abertas a duración da mesma pode ser de 45 mn.

 

 

Actividades para escolares

10-funcion-titeres.gifAdemáis das visitas guiadas, anualmente, organízanse nos meses de maio e xuño obradoiros de artesanía, enfocados a alumnos de primaria e secundaria.

Está tamén a dispor dos profesores interesados unha guía de traballo interdisciplinar para traballar cos fondos de olaría do museo desde as áreas de coñecemento do medio, matemáticas, galego, lingua española e plástica.

Puntualmente organízanse actividades lúdicas para o Dia Internacional dos Museos (18 de maio)

Actividades de integración

alzheimer.gifO museo está a desenvolver un proxecto de Acción Integradora, dentro do programa museos e saúde, dirixido a integración de grupos minoritarios no circuíto cultural do centro. Durante o 2007 o proxecto a desenvolver irá dirixido aos internos de Centros Penitenciarios, a usuarios dos centros de dia da Cruz Vermella, e a usuarios do centro hospitalario Toén, Piñor.