Eventos

Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume

terra.jpg

A exposición Os catro elementos e un proxecto interdisciplinar no que o patrimonio etnográfico material, o patrimonio histórico, a fotografía, a tradición oral e a literatura se xuntan para facer evidente o papel esencial que tivo cada un dos catro elementos no desenvolvemento da civilización ao longo da historia así como a súa presenza e a súa valoración na cultura occidental.

Durante milenios os catro elementos foron protagonistas de ritos, mitos e realidades. Dende a antiga Grecia ata finais do século XVII, cando nacen as ciencias experimentais e o pensamento racionalista, o aire, a auga, a terra e o lume foron o fundamento da visión do mundo, do microcosmos humano e do macrocosmos do universo, da súa creación e as súas mutacións. Ata entón, humanistas, teólogos, científicos, literatos e artistas sentíronse fascinados polo edificio doutrinal organizado entorno aos catro elementos.

X coloquio galego de museos. Museos e comunicación

xcoloquio2.gif

2 Outubro 2008    a    4 Outubro 2008

Xa podemos consultar o programa definitivo do “X Coloquio Galego de Museos”.

Do día 2 ao 4 de outubro do presente ano terá lugar no Museo Etnolóxico o “X Coloquio Galego de Museos” baixo o tema de “Museos e Comunicación”.

O coloquio dividido en catro bloques temáticos, estructúrase en torno a seis relatorios que servirán de marco para a presentación das comunicacións.

A data límite de presentación de comunicacións é o 14 de xullo de 2008. Na segunda quincena do mesmo mes se lles comunicará aos remitentes a resolución da Comisión.

Os textos íntegros dos relatorios e comunicacións deberanse entregar no momento da súa presentación definitiva para poder proceder á edición das actas.

 

programa definitivo.pdf

Taller didáctico: Exposición Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume

Días 2 e 3 de xaneiro de 2008 as 12.00 h.
O Museo Etnolóxico ten programado un taller didáctico dirixido os nenos da Ludoteca do Concello. A actividade enmárcase dentro do programa de actividades de dinamización cultural da exposición temporal Os Catro Elementos. Aire, auga, terra e lume, inaugurada o pasado mes de novembro, e realízase en colaboración coa Casa da Cultura do Concello de Ribadavia.

Día 2 de xaneiro as 12.00 h. Para os nen@s de idades comprendidas entre os 3 a 5 anos
Día 3 de xaneiro as 12.00 h. Para nen@s a partir dos 6 anos

Sesión literario-musical

cartazdoclube3.jpgAs 20 h. nas salas de exposicións temporais terá lugar unha sesión literario-musical coa participación de:

  • O Club dos Poetas Vivos: Artur Alonso, Belem de Andrade, Concha Rousia e José Manuel Barbosa
  • Contacontos: Anxo Moure "o carballo con botas"
  • Música: Servando Barreiro (viola e concertina)

A actividade está encadrada dentro dos diferentes actos organizados en colaboración co Concello de Ribadavia, con motivo da celebración da proclamación da II República en España, e completando a exposición actual "Fantasías Republicanas".

Presentación arquivo fotográfico Chao

inaugfat4.gif O mércores día 22 a Conselleira de Cultura e Deporte, Dna. Ánxela Bugallo acudiu ao Museo para facer a presentación da compra do Arquivo Fotográfico Chao, 365.579 imaxes -negativos en branco e negro e cor, soporte plástico ou vidro e reproducións en papel- que recollen a produción fotográfica dunha saga de fotógrafos que traballan en Ribadavia ininterrompidamente ao longo do século XX. No acto salientouse a importancia destas adquisicións que contribúen a engrosar o noso patrimonio cultural, e fíxose tamén unha especial referencia á doazón desinteresada dun importante fondo feita polo fotógrafo D. Ricardo Sotelo Sancho "Foto Sancho" que cedeu ao Museo 2.770 imaxes que enchen baleiros pendentes no arquivo do centro e amplía o ámbito xeográfico do mesmo. Fíxose referencia así mesmo a tramitación para a adquisición dunha parte do Arquivo Pacheco "Fondo Augusto Pacheco".

Inauguración da exposición Fantasías Republicanas

O día 22 de dececembro tivo lugar o acto de inauguración da exposición Fantasías Republicanas,
estiveron presentes a Conselleira de Cultura e Deporte Dna. Ánxela Bugallo, o Delegado de Cultura e Deporte D. Xosé Carlos Sierra, o Comisario da Exposición: D. Xosé Manuel Buxán , a Directora do Museo Dna. Covadonga López de Prado, o Alcalde de Ourense D. Marcos Blanco, o Presidente da Asociación de Amigos do Museo, D. Juan A. Bande, así como outras autoridades da comarca. No acto Dna. Ánxela Bugallo completou a obra de Angelo Ferreira de Sousa completando cun "non" a cruel frase de Millán-Astray.

Galería: 
Distribuir contido