Outras actividades

día internacional dos museos: Obradoiro musical “cuarteto caramuxo”

O taller consiste nun concerto con instrumentos de vento que concíbese como unha actividade complementario da exposición Os Catro Elementos. Aire, auga, terra e lume, e vai dirixida aos nenos das escolas rurais da contorna, de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos .

Logo da sesión musical e didáctica que terá lugar no patio do Museo, realizarase unha visita a exposición cunha especial dedicación o elemento Aire.

Participan os centros rurais asociados de Ribadavia

o museo no cárcere

cartaz-cacere.jpgConsiderando que a labor educativa dos centros museísticos pode, e debe, traspasar os muros do propio edificio para achegarse emocional e físicamente a ese público potencial que por unha ou outra razón non atravesa a nosa porta, comenzamos un obradoiro no Cárcere de Pereiro de Aguiar.

Durante tres meses todos os martes de 17 a 19 h, o museo se despraza ao Centro penitenciario onde se realizan diversos obradoiros encamiñados á montaxe dunha exposición, con todo o que iso supón de documentación, elaboración dun discurso, deseño e montaxe. ver galería de fotos

museos e saúde

cv13.jpgDentro do programa "Museos e Saúde", usuarios da Cruz Vermella de Ribadavia visitaron a exposición Álbums para o reencontro. Ribadavia e os ribadavienses V. Imaxes da Infancia. A actividade comezou cun encontro na área de acollida onde despois dunha presentación por parte do personal do museo se procedeu a un traballo previo, mediante técnicas de observación participante, sobre reproducións do material que se vería na exposición,

Obradoiros con xentes de oficio

pedrblog2.jpgA industrialización supuxo un parón importante na actividade económica de moitas xentes de oficio. A perdida das funcións tradicionais deses produtos provocou o nacemento dun novo tipo de practicantes.
Moitos oficios perviven adaptándose ao novo mercado e conferíndolle aos seus produtos un novo significado e valor.Nestes obradoiros pretendemos dar a coñecer eses cambios confrontando a artesáns que desenvolveron o seu oficio cando os obxectos que saían das súas mans aínda tiñan un valor de uso (cestos, zocos, olas...)., e novos artesáns, con pequenas empresas familiares ou autónomos nos que a imaxinación e a creatividade lle confiren un novo significado e valor aos seus produtos.

A aula no Museo

p5180002.jpg A exposición amosa distintos debuxos e bocetos que o alumnado de 4º curso de ESO e 1º de Bacharelato - baixo a dirección de Mª Jesús Labarta e Xosé Manuel Rodríguez Alonso- do IES "O Ribeiro" elaborou despois dun estudo teórico e práctico sobre aspectos narrativos constantes ao longo da historia da ilustración. Aproveitando os fondos do museo, logo dunha reflexión na aula sobre tanllas e elementos da vaixela comùn no seu aspecto intemporal, esbózáronse as pezas "in situ", e desde esa toma de contacto cun material tanxible, plantexouse a súa inclusión nunha escena, onde as olas debuxadas complementarían o aspecto trascendente da historia elixida.

Con esta mostra inaugurada o dia 18 de maio, Día Internacional dos Museos, o museo quixo sumarse ao lema elexido este ano polo ICOM "Museos e patrimonio universal" co fin de centrar a atención sobre as coleccións, soporte incuestionable do funcionamento dos centros museísticos. O IES o Ribeiro ven participando nestes dous últimos anos nas distintas actividades diseñadas no Museo, actividades nas que os alumnos fixeron un estudio pormenorizado dos fondos de olaría desde a Educación Plástica e Visual. Observáronse fríamente desde a xeometría, reflexionouse sobre a súa natureza, e unha vez comprendidos esbozáronse, para finalmente cada alumno deseñas as súas propias pezas.

p5180002.jpg pict0003-copia.jpg pict0004-copia.jpg p5180039.jpg pict0001.jpg

Sesión literario-musical

cartazdoclube3.jpgAs 20 h. nas salas de exposicións temporais terá lugar unha sesión literario-musical coa participación de:

  • O Club dos Poetas Vivos: Artur Alonso, Belem de Andrade, Concha Rousia e José Manuel Barbosa
  • Contacontos: Anxo Moure "o carballo con botas"
  • Música: Servando Barreiro (viola e concertina)

A actividade está encadrada dentro dos diferentes actos organizados en colaboración co Concello de Ribadavia, con motivo da celebración da proclamación da II República en España, e completando a exposición actual "Fantasías Republicanas".

A vaixela

poldras1.jpgO I.E.S O Ribeiro, leva a cabo este curso un proxecto de traballo de deseño, tomando como base de estudo unha selección de elementos da vaixela de uso común.

O proxecto está dirixido polo profesor José Manuel Rodríguez Alonso "Poldras" para alumnos de Educación Plástica de 4º curso de E.S.O. e na mesma participan 15 alumnos.

A vaixela

poldras1.jpgO I.E.S O Ribeiro, leva a cabo este curso un proxecto de traballo de deseño, tomando como base de estudo unha selección de elementos da vaixela de uso común.

O proxecto está dirixido polo profesor José Manuel Rodríguez Alonso "Poldras" para alumnos de Educación Plástica de 4º curso de E.S.O. e na mesma participan 15 alumnos.

Obradoiro de Olaría

traballo-dos-alumnos-ies-o.jpgActividade orientada a alumnos/as de 3º e 4º de secundaria na que tomando como eixe director a cerámica, abórdanse diferentes áreas de coñecemento. A actividade implica a observación secuenciada dos obxectos elixidos e a posterior dirección polos profesores das distintas áreas. O profesorado conta en todo momento con soporte bibliográfico e técnico aportado pola Institución.

Obxectivos

  • O estudio da cerámica como forma técnica
  • O seu uso e función

Áreas de coñecemento

1.- Ciencias Sociais

  • Economía: O viño, economía de autoconsumo. A matanza
  • Sociedade: A produción cerámica dentro dunha sociedade agraria. Desenvolvemento dos distintos obradoiros alfares. Valoración das diversidades culturais.
  • Xeografía: Áreas xeográficas socioeconómicas e culturais. Aproveitamento dos recursos naturais.
  • Valoración do patrimonio cultural e artístico cara unha conservación

2.- Educación Plástica e Visual

  • Estudio dos diferentes elementos estéticos das formas cerámicas
  • As diferentes formas alfares para interpreta-las imaxes e as formas do contorno natural e cultural.
  • A consideración do feito artístico como parte integrante do patrimonio cultural
  • Desenvolvemento de hábitos de observación, atención, precisión e pulcritude.

3.- Lingua Galega

  • Coñecemento de linguaxes específicas. Estudio dun vocabulario específico e cambiante segundo as distintas rexións xeográficas.
  • Valoración das variedades xeográficas do galego

4.- Matemáticas

  • Estudio das diferentes medidas de capacidade
  • Estudio de formas xeométricas (tanto na estrutura como na decoración)

Cos traballos dos alumnos abórdase (cando é posible) unha exposición final en cuxo deseño son partícipes.

Lembrar nos museos. Programa de reminiscencia

Programa de acción cultural integradora dirixido a enfermos de Alzheimer no que participa a Asociación AFAOR de Ourense.

Distribuir contido